SanidadeÚltima hora

Unha beca do Colexio de Médicos levou a Miriam Iglesias a Salamanca a estudar Citometría

A hematóloga estivo dous meses aprendendo esta técnica de recoñecemento celular no sangue a través dunha novidosa máquina
Miriam Iglesias e José Luis Jiménez. // Foto: Carlos Asensio.

A doutora Miriam Iglesias Fernández, hematóloga na EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; presentou hoxe, 21 de febreiro, na sede do Colexio Oficial de Médicos de Ourense, a memoria do seu traballo na Unidade de Citometría de Fluxo da Universidade de Salamanca. Este traballo levouno a cabo grazas a unha beca que a entidade outorga cada ano para que “os profesionais ourensáns poidan adquirir coñecementos e traelos aquí”, dixo o presidente do Colexio, José Luis Jiménez.

Asemade dixo que o obxectivo desta iniciativa é o de contribuír á formación e perfeccionamento profesional, reforzando ademais “a rede de relacións profesionais e científicas tanto a nivel nacional como internacional da medicina ourensá”.

Así, esta doutora estivo durante dous meses (outubro e novembro) aprendendo sobre esta técnica de recoñecemento celular a través de láser para ver as enfermidades. Así, esta doutora estivo neste centro de referencia a nivel estatal para criterios de estandarización e aplicacións diagnósticas nas neoplaxias hematolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button