SanidadeÚltima hora

Unha bolsa FIS impulsará a investigación sobre cancro colonorrectal dun equipo do CHUO

O proxecto busca demostrar que un programa de cribado desta doenza aumenta a sensibilización da poboación e validar os modelos predictivos para a súa detección

O proxecto “O diagnóstico do cáncro colorrectal en pacientes sintomáticos na era postcribado” dirixido por Joaquín Cubiella, do Servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, vén de recibir unha beca do Fondo de Investigación en Saúde (FIS) do Instituto de Saúde Carlos III, dun total de 141.570 euros divididos en tres anualidades.

Esta bolsa supón “un importante aval a liña de investigación na procura do diagnóstico precoz de cancro colo-rectal, que desde hai anos se desenvolve desde Ourense”, apuntan dende o Sergas.

O obxectivo do proxecto é dobre. Por unha banda, pretende confirmar a hipótese de que a instauración dun programa de cribado de cancro colorrectal aumenta a sensibilización da poboación, e dos propios médicos de atención primaria, sobre este problema de saúde, reducindo os tempos de diagnóstico tamén cando o cancro detéctase en pacientes xa con síntomas.

Doutra banda, o estudo pretende “validar os modelos predictivos para a detección do cancro colorrectal en pacientes con síntomas”, din dende o Servizo Galego de Saúde.

A confirmación destes resultados permitiría un mellor uso dos recursos sanitarios, permitindo, por exemplo, que a evaluación da maior parte dos pacientes, con síntomas dixestivos, se realice xa desde os centros de saúde sen necesidade incluso de realizar unha colonoscopia. Estes modelos baseanse no uso do test inmunolóxico para a detección de sangue oculta en feces, test que tamén se emprega no cribado implantado en Galicia.

Esta beca suporá “un importante pulo ao traballo investigador, no que tamén colaboran outros profesionais da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense”, reieraron fontes sanitarias.

Así, do propio CHUO participan María Sande, Margarita Castro e María Lorenzo, do Servizo de Medicina Preventiva; Laura García Nimo do S. Análises Clínicos, e de Atención Primaria, profesionais do Centro de Saúde de A Cuña, Carlos Menéndez, e do Novoa Santos, Mercedes Hernández e María José Fernández.

Un dos aspectos mais interesantes deste proxecto cientifico “é que con el completarase o espectro da detección precoz de cancro colorectal, non só dos pacientes sen síntomas, como se ven facendo mediante o cribado, senón tamén daqueles que xa os teñen, unha poboación a considerar, pese a que mediante a extensión do cribado cada vez son menos.

Artigos relacionados

Back to top button