EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unha botella de godello de Godeval, nunha serie de televisión de Netflix

Publicidade
Imaxe da serie na que pode verse a botella de godello de Godeval. gode

 

Unha gran sorpresa é que se levaban os responsables da adega barquense Godeval mentres vían un dos capítulos dunha serie de televisión estranxeira a través da plataforma Netflix. “De súpeto, atopámonos cunha botella do noso Godeval nunha das escenas. A serie chámase Soundtrack e a botella de Godeval está moi presente nunha cea de amigos. A botella tráea unha das invitadas e a insignia en primeiro plano, indicando que é un viño branco”, explican dende esta adega da Denominación de Orixe Valdeorras.

A serie de televisión, que é do ano 2019, é un drama musical de 10 episodios. As historias dun grupo de personaxes con problemas desenvólvense na cidade de Los Ángeles. O creador desta serie é Joshua Safran que tamén é o guionista e coñecido por outros traballos como Gossip Girl.

 

Outra das escenas nas que sae a botella deste godello da D.O. Valdeorras.

 

“Para nós foi toda unha sorpresa e gustaríanos saber como chegou ás mans de Joshua Safran e o seu equipo o noso viño. Quizais é un dos seus viños favoritos? Se alguén ten algunha información, encantaríanos sabelo”, din dende Godeval.

Artigos relacionados

Back to top button