DeportesÚltima hora

Unha carpa de máis de 6 quilos, no Open celebrado na Rúa

Jesús Delgado, membro da SPFV, gañou o trofeo á peza máis grande
Jesús Delgado coa carpa de máis de 6 quilos.
Jesús Delgado coa carpa de máis de 6 quilos.

Ninguén dubida do tamaño das carpas que habitan no encoro de San Martiño, na Rúa, pero era un membro da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras quen o demostraba. Jesús Delgado capturaba un exemplar de 6.077 quilos no Open Carpa celebrado na mañá do domingo 14 de agosto, no que se deron cita uns 22 pescadores (adultos e xuvenís).

Con este peso, lograba o trofeo á peza máis grande. Por puntos, o gañador da competición organizada pola SPFV foi Javier Lorenzo de Benavente. O premio dun menú de fin de semana para dúas persoas no Restaurante A Lareira, da Rúa foi para Tavin.

Máis información na vindeira edicion en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button