EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha cata co sumiller Luis Paadín abrirá as I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés, no Barco

Será o domingo 6 de xaneiro ás 12:30 horas na Casa do Río Cigüeño

O sumiller Luis Paadín.

 

Esta fin de semana comezan, en 14 restaurantes do Barco, dous de Vilamartín e un de Sobradelo, as I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés, un programa alternativo en semblanza á Festa do Botelo organizado polo Concello do Barco.

Nestas I xornadas gastronómicas o xantar nos restaurantes será o acto central pero non o único, con varias actividades complementarias, como as dúas catas de viños que abrirán e pecharán o programa. Celebraranse ás 12:30 horas na Casa do Río Cigüeño cun aforo de 20 persoas (previa inscrición).

A primeira será esta fin de semana, o domingo 6 de xaneiro, coincidindo co inicio das xornadas e da man do sumiller Luis Paadín. E a segunda será a finais de mes, o domingo 27 de xaneiro da man da sumiller Mercedes González.

O prezo da cata é de 5  euros e as inscricións poden facerse a través do correo electrónico: infoturismo@concellodobarco.org ou de forma presencial na Oficina de Turismo (Praza de Abastos do Barco, rúa Marcelino Suárez).

 

Artigos relacionados

Back to top button