EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Unha cata de uvas da D.O. Ribeiro, broche do simposio “A pegada histórica do viño no Camiño de Santiago”

Nesta análise sensorial, guiada pola directora técnica da denominación, valorábanse uvas de catro variedades

 

Baixo a carballeda de Castrelo de Miño poñíase fin ao simposio “A pegada histórica do viño no Camiño de Santiago” no mediodía do 8 de setembro cunha cata de uvas da D.O. Ribeiro. Esta análise sensorial é unha cuestión clave para establecer a data de vendima, unha decisión importante e que pode determinar a calidade dun viño, tal e como explicaba a directora técnica do CRDO Ribeiro, Nuria Álvarez.

Nesta cata estúdanse os componentes básicos da baga da uva: pulpa, hollejos e pebidas, valorando en cada un deles unha serie de parámetros. “Para facer a análise sensorial selecciónanse varios acios do viñedo de forma aleatoria, dos cales degustaranse tres bagas, emitíndose unha conclusión ao terminar a degustación”, segundo a técnica.

Neste caso os asistentes ao simposio realizaban a análise de catro variedades de uvas desta denominación: das brancas treixadura, lado e loureira e da tinta sousón. Concluíase que nos catro casos aínda faltaban uns 10 días para lograr unha axeitada maduración para a vendima.

Tras a cata, podía verse unha exposición de acios das variedades de uva amparadas pola D.O. Ribeiro, tanto brancas como tintas.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Máis información e fotos:
https://osil.info/dos-lagares-rupestres-castrexos-a-actualidade-seguindo-a-impronta-do-vino-no-ribeiro/

Artigos relacionados

Back to top button