En portadaÚltima hora

Unha cata enceta os actos da XVI Mostra do aceite de Quiroga

Este certame está programado para o vindeiro 8 de maio en Bendilló

 

Cata de durante unha edición anterior da Mostra de Aceite de Quiroga, en Bendilló./ Foto: Carlos G. Hervella.
Cata de durante unha edición anterior da Mostra de Aceite de Quiroga, en Bendilló./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os seis aceites inscritos para participar na XVI Mostra do Aceite de Quiroga serán valorados o sábado 16 de abril nunha cata que se celebrará na sala de catas do Museo Etnográfico desta localidade lucense. Será ademais un acto aberto ao público en xeral e que servirá de antesala aos actos da feira do aceite quiroguesa.

Os aceites serán evaluados por un grupo integrado por catadores de Quiroga, formados nun curso impartido pola UNED de Ponferrada durante o ano 2013. “Probarán os aceites que concorren a mostra igual que se fai na Feira do Viño de Quiroga cos viños aspirantes,  para avaliar a calidade do produto que se porá a venda”, tal e como se informa dende o Concello de Quiroga, organizador do evento.

Ao marxe  desta cata, os seis aceites que aspiran a participar na feira analizáronse nun laboratorio especializado onde se lle realizaron as probas especificadas marcadas pola normativa europea para este tipo de produtos. O propio día da mostra, programada para o 8 de maio, a comisión de cata reunirase novamente no propio recinto feiral en Bendilló para catar de novo os aceites expostos.

Artigos relacionados

Back to top button