ConcellosO Sil agosto 2016Última hora

Unha cea para reunir ao pobo en Mouruás (San Xoán de Río)

A tradicional xuntanza celébrase este sábado 6 de agosto a partires das 21 horas

Co fin de, alomenos unha vez ao ano, poder ver a todo o pobo reunido, nacía hai máis de 40 anos a fermosa tradición de facer en Mouruás unha cea anual. Por diversos motivos, houbo algúns anos nos que non se fixo, recuperándose en 2011 tras uns anos sen poder levala a cabo. Dende ese momento “todos os anos repítese a tradición e esperemos que continúe moitos mais”, explica a actriz de Mouruás Lucía Álvarez.

Moito traballo, moito esforzo, moita ilusión, moitas horas de sono investidas na organización, compénsanse ao ver “como eles dicían, alomenos unha vez ao ano, a todo o pobo reunido”, conclúe Lucía.

A cita será o sábado 6 de agosto a partires das 21h. en Mouruás (San Xoán de Río).

Fotos cedidas por Lucía Álvarez de Mouruás.

Artigos relacionados

Back to top button