ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unha cea popular abre as festas de San Simón en Lentellais (O Bolo)

Arredor da mesa comezaban por terceiro ano consecutivo as festas na honra de San Simón en Lentellais (O Bolo). Unhas 150 persoas asistían na noite do 9 de agosto á cea popular que se celebraba nesta localidade. A máis veterana delas era a Anuncia, con máis de noventa anos.

As entradas desta cea tiñan un prezo de 16 euros e nela servíase un menú a base de entremeses, empanada de carne e paella. A cea estaba ademais animada por Dj Suso.

O programa festivo continuará nesta fin de semana cun concerto nesta noite de sábado a cargo de Jesús de Manuel, así como coa procesión ás 13h. do domingo 11 de agosto, na que os veciños sacarán a imaxe de San Simón polas rúas de Lentallais.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button