En portadaÚltima hora

Unha celebración de Todos os Santos entre medidas fronte ao Covid

 

A pandemia do coronavirus fará que a celebración do Día de Todos os Santos, o 1 de novembro, sexa completamente diferente este ano e que estea marcada polas medidas de seguridade para evitar contaxios, como a suspensión dos actos relixiosos neles. Medidas que xa se poñían en marcha nos días previos a esta data, con moita actividade nos cemiterios por parte dos veciños para adornar as tumbas dos seus seres queridos.

Os diferentes concellos teñen establecido unha serie de pautas para acceder aos camposantos (mesmo con dosificadores de xel hidroalcohólico á entrada), de cara a evitar aglomeracións, e tamén á hora de actuar no seu interior. No caso do Barco o Concello emitíase un bando recollendo todas esas recomendacións.

“É aconsellable acceder ao cemiterio de xeito escalonado, co fin de evitar aglomeracións de veciños tanto nas entradas como no interior. Tamén se recomenda que as persoas máis vulnerables utilicen as horas de menor afluencia ao recinto. As visitas deben ser o máis curtas posible, con grupos familiares de poucos integrantes, mantendo sempre a distancia persoal recomendaba. Tamén se lembra que é obrigado o uso da mascarilla”, segundo o bando asinado polo alcalde barquense, Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button