ConcellosÚltima hora

Unha charla-debate sobre “a muller na historia” abre o programa do 8M en Vilamartín de Valdeorras

A conferencia era impartida por Mª Carmen Carballo na tarde do 4 de marzo

 

En torno á “igualdade da muller no século XXI” xiraba a conferencia-coloquio celebrada na tarde deste 4 de marzo no centro sociocultural Santa Lucía, coa que o Concello de Vilamartín abre o programa para conmemorar o 8M, Día da Muller.

Na charla impartida por Mª Carmen Carballo, á que asistía unha vintena de persoas, falouse da muller na historia, da invisibilidade da figura feminina, dos estereotipos entre homes e mulleres, da violencia de xénero, da brecha salarial,… con intercambio de impresións e anotacións por parte dos asistentes.

O programa de actos polo Día da Muller, organizado en colaboración coa Plataforma de Mulleres de Valdeorras, inclúe a lectura do “Manifesto de Galegas 8M2020”, o venres días 6 ás 12h. na praza do Concello; e a proxección no centro Santa Lucía con posterior debate, da obra de teatro Casa de bonecas de Henrik Ibsen, o sábado día 7 de marzo ás 19h.

E xa o día propio da conmemoración, o domingo 8 de marzo, celebrarase unha romaría ata San Miguel de Outeiro. Será a partir das 13h. con marcha dende os diferentes pobos do concello.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button