CulturaCulturaÚltima hora

Unha charla sobre Florencio Delgado Gurriarán abrirá o II Ciclo de Encontros sobre Valdeorras, na Coruña

Ricardo Gurriarán será o encargado da primeira disertación da segunda edición no proxecto organizado por Valdeorras Infinda

 

Neste mes de xaneiro encétase o calendario de actividades do II Ciclo de Encontros sobre Valdeorras, promovido polo grupo de encontro e divulgación Valdeorras Infinda coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na Coruña.

Tal como avanzan dende o colectivo, esta segunda edición do ciclo estenderase ata o mes de maio en base aos seguintes temas: en xaneiro, “O ano de Florencio”; en febreiro, “Viticultura e viño”; en marzo, “Unha comarca de cine”; en abril: “Arqueoloxía e relato histórico”; e en maio, “Valdeorreses nas artes”.

Así, o programa comeza mañá, mércores 12 de xaneiro ,coa palestra “Florencio Delgado Gurriarán: vida dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista”, que correrá a cargo de Ricardo Gurriarán, profesor, historiador, investigador e un dos máximos referentes na figura do poeta valdeorrés. Será ás 19:30h. na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button