OurenseÚltima hora

Unha colección fotográfica do Marqués de Sta. Mª del Villar, no Museo Arqueolóxico

A exposición sobre paisaxes culturais da provincia permanecerá aberta ata o 19 de febreiro e despois xirará por distintas comarcas
Inauguración da exposición no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Inauguración da exposición no Museo Arqueolóxico de Ourense.

As fotografías de Ourense realizadas por Diego Quiroga Losada (1880-1976), Marqués de Santa María del Villar son as protagonistas da exposición organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, aberta dende hoxe na sala de exposicións Afundación da cidade das Burgas.

“Documento Estético. Fotografías de Ourense do Marqués de Santa María del Villar” é o título deste proxecto expositivo, “que nos brinda a oportunidade de viaxar a través do tempo por algunhas das paisaxes culturais da provincia, a partir das imaxes captadas por Quiroga Losada na súa viaxe a Galicia a finais da década dos anos cincuenta”, en palabras da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, na presentación da mostra, na que participou xunto co director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xulio Rodríguez, e co comisario da exposición, Avelino Rodríguez.

A mostra, que permanecerá aberta ao público até o día 19 de febreiro, ocupará o espazo do andar soto da Sala de exposicións Afundación de Ourense e a entrada é de balde. Despois, terá carácter itinerante e achegará o seu contido fotográfico a distintas comarcas da provincia para seguir difundindo entre a cidadanía a obra de Quiroga Losada.

Artigos relacionados

Back to top button