ConcellosÚltima hora

Unha colisión entre dous camións na autovía Ourense-Santiago sáldase cun morto

O falecido, un home de 32 anos e veciño de Compostela, tivo que seres escarcerado polo retén de bombeiros do Carballiño. A colisión prodúxose á altura de Punxín
O condutor falecido tivo que ser excarcerado polo retén de bombeiros do Carballiño.

Un alcance entre dous camións, un articulado e outro ríxido, informan dende a Guardia Civil, na estrada AG 53 que vai de Ourense a Santiago, á altura do termo municipal de Punxín, deixou tras de si un falecido. A colisión, segundo fontes do Instituto Armado, producíuse cara ás 16:35 horas de hoxe, 7 de xuño.

Até o lugar trasladáronse catro patrullas “para poder desviar o tráfico polo carril dereito”, aseguraron os axentes no lugar. Asemade, tamén trasladouse até o lugar do sinistro un equipo de atestados “para realizar as correspondentes investigacións para determinar as causas do sinistro”, aínda que todo apunta a unha saída de vía por parte dun dos dous vehículos.

O falecido, Pablo I.R. de 32 anos e veciño de Santiago de Compostela, tivo que ser excarcerado do seu vehículo polo retén de bombeiros do Carballiño.

 

Un dos camións perdeu por completo a cabeza tractora.

Artigos relacionados

Back to top button