Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Unha conferencia sobre sustentabilidade centra as xornadas sobre a Vía da Prata

No simposio celebrado en Verín participou a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro

 

Un total de 15 axencias de viaxes especializadas no Camiño de Santiago participan dende onte nas Xornadas de Sustentabilidade no Camiño de Santiago-Vía da Prata, que organiza Expourense dentro do programa “O Teu Xacobeo” impulsado pola Xunta.

Estas xornadas, que se extenderán ata mañá, venres15 de novembro, inclúen distintas experiencias baseadas na natureza, o patrimonio e enogastronomía que contribuirán á divulgación dos atractivos naturais, patrimoniais, etnográficos e gastronómicos da Vía da Prata co obxectivo de incrementar o número de visitantes foráneos nesta rota a través da prescrición de operadores e outros axentes, tanto nacionais como Internacionais.

A xornada inaugural arrincaba no concello da Gudiña onde as axencias foron recibidas polo alcalde José María Lago quen os acompaññou no seu percorrido por un traxecto da Vía da Prata e lles amosou puntos clave na historia do concello como a Casa da Viúva, o Encoro das Portas e o Parque Natural do Invernadeiro e o seu Centro de Interpretación.

O destino da tarde foi a comarca de Monterrei onde pudieron visitar, acompañados pola presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Lara da Silva, o Castelo e tamén Bodegas Gargalo; rematando no Claustro dos Mercedarios de Verín coa conferencia sobre a Sustentabilidade na Vía da Prata na que participou a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro; a Asociación de Amigos da Vía da Prata, o comisario da Comisario da exposición “Primeiros contactos de Monterrei co Mediterráneo”, Luis Congil; o touroperador de Porturgal Green Travel, Hugo Teixeira; e o Especialista en xestión local e rexional de Ecoembes. Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago, Bruno de Llano Gómez-Ulla. Esta mesa estivo moderada pola directora adxunta de Expourense e directora de Comunicación da Orde do Camiño de Santiago, Emma González.

 

Visita ao Castelo de Monterrei.

 

Durante esta mesa redonda, a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, defendeu ante representantes do sector turístico as numerosas oportunidades que brinda a Vía da Prata como un itinerario que xera riqueza nas comunidades locais polas que atravesa e no que a Xunta destina un relevante investimento con 3 millóns de euros para mellorar a súa sinalización e acondicionamento e un Plan de Mantemento de 1,6 millóns de euros. Durante a súa intervención salientou a “capacidade desta ruta para medrar dun xeito sustentable ao aunar un rico patrimonio, natureza e enogastronomía”.

A actividade remataba cunha degustación de produtos locais en Verín a cargo da chef de “Cociña Ourense” do Souto das Candeas, Begoña Vázquez.

Hoxe, xoves 14 de novembro, continúan estas xornadas cunha intensa axenda que levará ás axencias a coñecer o casco histórico da capital termal de Ourense con visita ás Burgas, á Praza Maior e á ponte romana. De aquí partirán camino a San Cristovo de Cea onde realizarán a pé un treito da Vía da Prata; visitarán un forno tradicional e outro moderno de Pan coa IXP Pan de Cea e rematará cunha visita ó Mosteiro de Oseira.

O programa conclúe mañá, venres 15 de novembro en Expourense coa celebración dun workshop con reunións B2B entre as axencias que participan e todas aquelas empresas que ofrezan productos ou servizos especializados no ámbito da Vía da Prata que se apuntaron a esta actividade.

Artigos relacionados

Back to top button