CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Unha contadora de luxo abrirá mañá o X Festival “De Perto”, no Barco

A colombiana Carolina Rueda actuará a partir das 20:30h. nos Xardíns da Casa Grande de Viloira

Carolina Rueda, nunha actuación./ Imaxe: @carocuentera

 

Con narración oral de primeiro nivel estréarase mañá venres o X Ciclo “De Perto” no Barco. A contadora colombiana Carolina Rueda actuará a partir das 20:30h. nos Xardíns da Casa Grande de Viloira co espectáculo “Gentes, caminos y sucesos”.

“Como artista caracterízome por realizar adaptacións, obras derivadas e versións libres de autores da literatura universal e versións de relatos de tradición oral do mundo”, conta Rueda, unha das “cuenteras” máis recoñecidas de fala hispana.

Con ela porase en marcha a décima edición do De Perto, o festival da palabra organizado polo Concello do Barco que este ano inclúe oito eventos de narración oral, teatro en pequeno formato, poesía e canción a celebrar todos eles no Xardín da Casa Grande de Viloira e nos que a figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán adquirirá especial protagonismo.

Artigos relacionados

Back to top button