En portadaGalerías de fotosÚltima hora

¿Cría de lontra (nutria) ou visón?

O animal que pode verse na imaxe sorprendía ás persoas que paseaban polo Malecón do Barco

 

Non é a primeira vez que poden verse lontras (nutrias) nadando ou nas beiras do río Sil ao seu paso polo Barco. Pero o que non resulta tan habitual é ver a algunha das súas crías e aínda por riba cunha captura na boca. Esta era a imaxe que se atopaban algunhas das persoas que paseaban polo Paseo do Malecón do Barco onte.

Hai tamén quen opina que non se trata dunha lontra, senón dun visón americano, tendo en conta os comentarios deixados polos nosos lectores no Facebook e que agradecemos moito. Xulguen vostedes mesmos.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button