Unha delegación da Corporación Municipal de Lobeira, encabezada polo seu alcalde, Antonio Iglesias Álvarez, visitou hoxe o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara. Miguel Ángel Santalices Vieira.
Durante a reunión, o presidente do Parlamento explicoulles o funcionamento da institución, cunha especial referencia so mecanismos de participación cidadá e á extratexia de apertura do Lexislativo á sociedade.
Posteriormente, a delegación efectuou unha visita guiada á sede do Parlamento de Galicia, na que tiveron ocasión de coñecer as diferentes dependencias nas que traballan deputadas e deputados.