ConcellosÚltima hora

Unha delegación xaponesa peregrinará polo Camiño de Inverno

A primeira asemblea xeral da Asociación de Municipios celebrouse na Casa da Cultura de Quiroga (Lugo)

O Plan de Dinamización da ruta, a sinalización e a visita dunha delegación xaponesa que fará este camino de peregrinación, son algúns dos puntos tratados na primeira asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago.

A xuntanza tiña lugar na mañá do 9 de maio na Casa da Cultura de Quiroga concello que forma parte da directiva, á que asistían varios alcaldes e representantes dos 23 municipios que forman este colectivo, entre eles os alcaldes de Vilamartín de Valdeorras que asume a vicepresidencia e a concelleira de Comercio e Turismo do Barco, Irene Dacal, ademais da alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández como presidenta.

A propia Gloria destacou a internacionalización da asociación, trala presenza en Fitur, coa visita da delegación nipona que se contempla dentro dos actos do 150 aniversario do establecemento de relacións diplomáticas entre Xapón e España e a peregrinación terá lugar o día 28 de maio no tramo que corresponde ao Bierzo “cun acto central no que nos acompañarán a plantar cerdeiras fronte ao noso castelo”.

En canto ao plan para dotar de servizos e infraestruturas ao Camiño de Invierno, plantexarase o apoio económico ás diferentes administracións públicas, tanto galegas como leonesas, avanzando asemade nos contidos da páxina web para promocionar a ruta fóra das nosas fronteiras.

Na asemblea tamén se deu conta aos membros, da solicitude formal do Concello de Silleda (Pontevedra) para entrar na Asociación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button