CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosOurenseÚltima hora

Unha docena de representantes de ANPAs de Valdeorras asisten ao curso organizado por FAPA Ourense

A xornada formativa celebrábase no Centro Sociocultural Santa Lucía, en Vilamartín

Apuntes e referencias sobrea a participación das familias nos temas escolares, os documentos que ten que aportar a ANPA, os tipos de seguros que necesitan as asociacións para estar cubertas en todos os ámbitos, certificado electrónico, memorias de proxecto, documentación para os rexistros e dilixencias, estatutos, convocatorias de asembleas,… Son algúns dos contidos incluídos no curso sobre lexislación básica que a Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos FAPA Ourense, daba en Vilamartín de Valdeorras, no Centro Sociocultural Santa Lucía (local cedido polo Concello), na tarde do 18 de xaneiro.

Ao acto formativo, impartido pola secretaria técnica de CONFAPA Galicia, Nuria Martínez, asistía unha docena de representantes de ANPAs (Asociacións de Nais e Pais de centros públicos) da comarca de Valdeorras que recibían, ademais das nocións e dos apuntes, un calendario e unha axenda.

Tal como explica o presidente de FAPA Ourense, José Antonio Álvarez (vicepresidente da confederación galega e vogal da nacional) veñen polas comarcas un par de veces ao ano para manter un contacto directo coas ANPAS (socias da Federación provincial), ás que reparte material escolar para os centros. De feito mañá, estarán en Ourense pola mañá e en Xinzo de Limia pola tarde e a Valdeorras volverán de cara ao comezo de curso, en torno ao mes de setembro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button