OurenseÚltima hora

Unha emotiva homenaxe a Etelvino Blanco enche a Casa Sindical de Ourense

A sala de xuntas da CIG leva dende onte o nome deste destacado sindicalista

 

A Casa Sindical de Ourense, onde en multitude de ocasións se dirixiu a centos de traballadores da provincia, era o lugar escollido na tarde do 3 de outubro para renderlle unha sentida homenaxe póstuma a Etelvino Blanco, secretario comarcal desde o nacemento da actual Confederación Intersindical Galega (CIG) e ata hai dous anos.

O acto comezaba coa descuberta dunha placa (coa súa fotografía) na sala de reunións do sindicato, que dende agora leva o nome deste destacado sindicalista. Un acto que contaba coa presenza da súa filla Noela e da súa viúva Carmen.

Posteriormente tiña lugar na sala de reunións, chea de xente, un acto de despedida a esta figura sindical ourensá, falecida o pasado mes de xullo. O acto estaba conducido por Concepción González Otero e nel tomaban a palabra Anxo Rúas Vázquez, Consuelo Campos Acedo, Carlos Vázquez Castro e o secretario comarcal Anxo Pérez Carballo, pechando as intervencións o secretario Xeral, Paulo Carril.

“Non fai falla dicir o que significou e significará para este sindicato, e para o sindicalismo nacionalista desta provincia, a figura do noso querido compañeiro, a quen perdemos tan pronto. De aí que fagamos esta xusta homenaxe de despedida”, destacaban dende a CIG.

Fotos cedidas CIG.

Artigos relacionados

Back to top button