Unha empresa da Tecnópole recibe o premio ao produto máis innovador

O galardón foi outorgado pola Asociación Galega de Empresarios TIC
O premio foi entregado na Noite Galega das Telecomunicacións.

O premio foi entregado na Noite Galega das Telecomunicacións.

As firmas asentadas no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, en Ourense, non deixan de colleitar recoñecementos ao seu labor. Neste caso foi a empresa Egatel a galardoada co premio ao produto máis innovador, tras fabricar un terminal satélite interactivo de última xeración, que mellora a transmisión de datos e baixa os custes. O premio foi outorgado pola Asociación Galega de Empresarios TIC, no marco da gala Noite Galega das Telecomunicacións.

Bautizado como “Smart LNB”, o terminal con selo ourensán está equipado cunha serie de innovacións tecnolóxicas desenvolvidas por Egatel que permiten aumentar a eficiencia da canle de retorno a un custe moi inferior en comparación a outros similares. “O terminal está a revolucionar o mercado de comunicacións por satélite, abrindo a porta a unha ampla gama de servizos de televisión conectada e de internet das cousas a un custe moi inferior ao actual”, subliñou Francisco Javier Valdés, como responsable do Departamento de I+D de Egatel.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies