EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha empresa local colabora co CEIP Virxe do Carme de Sober para dotalo cunha aula anticovid

O representante da empresa aportando ao centro escolar o material./ Foto cedida.

 

A empresa Pulviplass Ibérica de Sober vén de facerlle entrega ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme desta localidade lucense dun lote de material hixiénico-sanitario para a dotación dunha aula de illamento ou anticovid no centro. Víctor Fernández, responsable de Pulviplass Ibérica entregoulle o material á directora CEIP, Monserrat Rodríguez, quen agradeceu a doazón en nome da comunidade educativa.

O lote de material está composto por: 2 botes con dosificador de xel hidroalcohólico, 10 batas desbotables impermeables, 1 caixa de máscaras cirúrxicas infantís, 1 caixa de máscaras cirúrxicas adulto, 1 caixa de máscaras FFP2 adulto,  2 pantallas de protección e 2 pulverizadores manuais para aplicar desinfectantes.

A empresa Pulviplass Ibérica, con máis de cen anos de vida, está a enviar material a diversos países. En concreto, nos últimos meses realizaron exportacións a Perú, Guatemala, Grecia ou Portugal, entre outros. Comercializan pulverizadores e sulfatadoras, así como outros produtos para a vendima, viticultura e poda.

A firma comercializa os seus produtos baixo as marcas Floral, Pulviplass e Sober, “o que leva o nome do noso Concello polo mundo enteiro”, destacan dende o Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button
Close