CulturaEducaciónÚltima hora

Unha estudante do IES Cosme López da Rúa, das mellores de Galicia

Carla García acadou unha nota superior ao 9 entre o Bacharelato e a fase xeral das probas de acceso á Universidade
Carla García durante a festa de graduación dos alumnos de 2º Bacharelato organizada polo IES Cosme López.
Carla García durante a festa de graduación dos alumnos de 2º Bacharelato organizada polo IES Cosme López.

Continúan as boas novas para a educación en Valdeorras. Despois de coñecer os bos resultados de tres alumnos do IES Lauro Olmo e dous do IES Martaguisela do Barco, hoxe facémonos eco doutro premio de excelencia.

Nesta ocasión trátase dunha alumna de 2º de Bacharelato do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, Carla García Nóvoa, que “foi recoñecida como unha das mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia por acadar unha nota media superior a 9 entre o Bacharelato e a fase xeral das probas de acceso á Universidade” explican dende o instituto rues.

Tal como puntualizan dende o centro, Carla obtivo un 9,284 na fase xeral, e un 9,75 e un 8,5 na específica, “o que supón un total de 12,934 en selectividade”. Por este motivo, asistirá ao acto que se celebrará o 30 de xuño ás 18h. na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Artigos relacionados

Back to top button