Galerías de fotos

Unha exitosa LI Festa do Pulpo do Carballiño

Entre o Parque Municipal e o casco urbano desenvolvíase o domingo 11 de agosto a LI Festa do Pulpo do Carballiño con milleiros de participantes, ata 80.000 segundo os organizadores. En definitiva, un éxito para un evento gastronómico que vestía de festa esta localidade ourensá ao longo dunha xornada especialmente calurosa na que se superaron os 35 graos. E tras o xantar en homenaxe ao cefalópodo, tivo lugar o Festival Folclórico. A festa despedíase cunha verbena na praza Maior.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button