En portadaGalerías de fotos

Unha exitosa “Noite Branca”, no Barco

Multitude de persoas percorrían os locais e desfrutaban das actividades promovidas dende o CCA barquense

Con música poñíase o broche a unha exitosa segunda “Noite Branca” na vila barquense. Multitude de persoas sumábanse na tarde-noite do 19 de xuño a esta iniciativa festiva promovida polo Barco Centro Comercial Aberto, que preside Ángel Álvarez. As rúas engalanábanse con cores brancas e violetas, con globos e guirnaldas, os comercios sacaban os seus produtos ás rúas con descontos dun 20% e agasallaban a clientes e viandantes con diversos pinchos, doces e bebidas.

Un total de 33 establecementos participaban nesta noite especial do comercio barquense: Azul y Rosa, Zapatería Palpié, Super Onda, Deportes Sport, Miranda X, D’Chus, Malena, Deportes Tris-Sport, Ana de la Puente Perfumería y Estética, Miranda M, Ana Óptica, Can-Can, Perfumería Pamen, Mis Personajes, Laurarte, Flores Esnat, MHUSSK, Esprit, Pizpireta, Garoba, Librería Murciego, Boutique Suá, Joyería Víctor, Estética Rocío Carracedo, Moral Zapatería, Bar A Cova, Artesanía Cousanosa, Mayayo, Vinum, Tapería al Natural, Confecciones Elena, Pilardos e Step Up Shoes Shop.

Ao mesmo tempo, xerábase unha zona de descanso e degustación de paella nos tres locais de hostalería que se implicaban nesta Noite Branca. Nela tampouco faltaba a animación de rúas con espectáculos como o dos zancudos de Troula, a música tradicional de Celtas Largos ou os ritmos de Disco Iván ou da discoteca móbil-Disco Stuu, coa que chegada a partires da medianoite a fin de festa.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button