ConcellosÚltima hora

Unha explosión nunha cociña deixa a unha muller ferida no Barco

O suceso producíase arredor das 13:30h. deste venres na rúa Capilla, no barrio de San Roque

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Pasadas as 13:35h. deste venres 5 de xuño producíase unha explosición na cociña dunha vivenda situada na Rúa Capilla, en pleno barrio barquense de San Roque. Como consecuencia da explosión resulta ferida unha muller.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, “todo apunta a que unha avaría na cociña produciu o estalo dunha bombona, sen que se chegase a producir un incendio, o que provocou danos na estancia da casa”, segundo indica o 112 Galicia.

Nada máis recibir a alerta do ocorrido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos GES Valdeorras, aos bombeiros, á Policía Local, á Garda Civil e á empresa subministradora do gas.

A muller ferida foi trasladada en ambulancia ao hospital para recibir atención sanitaria.

Artigos relacionados

Back to top button