ConcellosPetínÚltima hora

Unha exposición e un parque infantil e xuvenil, nesta Semana Santa en Petín

Unha das pequenas coleccións de David López./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este domingo 10 de abril, comeza de forma oficial a Semana Santa coa tradicional bendición de ramos. Unhas datas relixiosas pero tamén turísticas nas que ademais dos cultos e actos litúrxicos de referencia en cada parroquia, teñen cabida outro tipo de actividades para desfrute de veciños e visitantes.

No caso do concello de Petín e sempre pensando nos máis xoves, o Concello ten preparado un parque infantil e xuvenil que se instalará os días 14 e 15 de abril no Teleclub, en horario de 16 a 20 horas.

Nese mesmo lugar David López, veciño de Petín e gran afeccionado ao coleccionismo, instalará a súa ‘Exposición de Pequenas Coleccións’ que estará aberta ao público do 11 ao 17 de abril, de 12 a 14 e de 16 a 19 horas. Na mostra poderá verse todo tipo de obxectos, dende periódicos antigos, réplicas en miniatura de coches, selos ou moedas, ata bandas deseñadas, álbumes de cromos e fotos antigas, libros, pins e botellas de cervexa e de licores de tamaño reducido, entre outros moitos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button