SanidadeÚltima hora

Unha exposición repasa en Ourense os 25 anos do Sergas

A mostra era inaugurada na mañá do 18 de abril polo conselleiro de Sanidade

 

Inauguración da mostra do 25 aniversario do Sergas en Ourense.
Inauguración da mostra do 25 aniversario do Sergas en Ourense.

A creación dos primeiros centros de saúde docentes na provincia en 1991 e a inauguración del edificio de Hospitalización psiquiátrica e Hospital de Día para enfermos agudos en 1996 eran algúns dos fitos da historia recente da sanidade ourensá que lembraba o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, en Ourense durante a inauguración da exposición conmemorativa do 25 aniversario do Servizo Galego de Saúde.

Tamén recordaba a declaración do Complexo como hospital universitario en 2011, ano no que tamén se puxo en marcha a xestión integrada na provincia, ou máis recentemente, o novo edificio de hospitalización, que pronto entrará en funcionamento. A través da exposición pode comprobarse como ten ido evolucionando a xestión sanitaria na provincia: as infraestruturas, os servizos, as persoas e o sistema nestas décadas. Hoxe Ourense conta cun Complexo Hospitalario Universitario, 2 hospitais comarcais, 14 Puntos de Atención Continuada e 106 Centros de Saúde.

Artigos relacionados

Back to top button