Especial Cristo 2016Galerías de fotosÚltima hora

Unha fervenza de fogos artificiais despide as Festas do Cristo 2016

As bombas daban o sinal. Ás dez e media en punto, multitude de persoas ían achegándose ata ás beiras do Sil no Malecón do Barco para desfrutar da tradicional sesión de fogos artificiais que se lanza cada ano no día grande das Festas do Cristo, o 14 de setembro.

Desta volta, facíano baixo os paraugas, pola chuvia continúa que acompañaba durante a xornada. Ao longo de case media hora no ceo debuxábanse diferentes, sorprendentes e efémeras formas de cores nunha sesión que asombraba de novo e remataba en medio de aplausos. Con ela despedíanse ademais as Festas do Cristo 2016, se ben o programa completábase de madrugada coa actuación da orquestra Armonía Show.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button