CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Unha festa da cervexa artesá abrirá o programa do verán de Viana do Bolo

Incluirá música, teatro, actividades lúdicas e festivas ao longo de xullo e agosto

 

A concelleira de Cultura e o alcalde de Viana, na presentación das actividades do Verán nesta vila.

O alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, e a concelleira de Cultura, Graciela Diéguez, veñen de presentar o programa de actos que se despregará neste concello do oriente ourensán neste verán. “É un programa para todos os gustos, para todas as idades. Para gozar en Viana e de Viana”, asegura o seu alcalde.

As actividades, que inclúen unha ludoteca infantil e un campamento urbano en xullo e agosto, abrirase na fin de semana do 15 e 16 de xullo coa “1ª Feira da Cervexa Artesá”. Ademais os días 22, 23, 29 e 30 de xullo terá lugar a IV Mostra de Teatro e o 5 de agosto a XII Mostra de Corais (que organiza o Orfeón Vianés).

Xa en agosto haberá diversas propostas musicais, ademais dun desfile de vodas (o 6 de agosto), unha festa da escuma, inchables, obradoiros, así como o día 19 a Foliada no Castelo e o día 26 a VI Romaría de Época, entre outras propostas. Tamén funcionará durante este verán en Viana unha bibliopiscina.

 

Cartel das actividades que vén de presentar o Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button