Cunha aumento de asistentes na Ruta Pequena celebrada o venres pola zona das Cerdeirais e unha diminución na cita do sábado polas preto de 50 adegas de Vilamartin de Valdeorras, celebraba o XX aniversario a Festa das Covas.
Pasadas as oito da tarde do sábado 6 de agosto (un dos días máis calurosos do que vai de verán), os coveiros de Vilamartín abrían as portas das súas covas para acoller ás miles de persoas (aínda non hai datos oficiais) que cunca en man atada con panos de cor rosa, percorrían a vila bebendo viño, comendo e bailando ao son das charangas.
Coma sempre o fin de festa era musical coa actuación do grupo Alevín. E, unhas horas antes (de 11 a 20 horas) na rúa central de Vilamartín permanecía aberta a I Mostra de artesanía e gastronomía populares “Inxertarte” que contou cunha vintena de expositores con produtos vencellados á terra e ao cultivo da vide.
Fotos: Mónica G. Bellver.