CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Unha festa de disfraces para despedir a Ludoteca e o Campamento Urbano de Verín

Máis de 215 cativos inscribíronse este ano nos proxectos desenvolvidas entre o 25 de xuño e o 6 de setembro

 

Despois de máis de dous meses, na xornada de hoxe, 6 de setembro, remataba o servizo da Ludoteca de verán e o Campamento Urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Dous proxectos destinados a “conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo de lecer dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 13 e 10 e 14 anos, respectivamente” que este ano contou con máis de 215 menores inscritos.

Para clausurar este verán, os pequenos participaron nunha divertida festa de disfraces nas instalación de A Granxa, desfrutando entre xogos, música e pinturas para despedirse ata o vindeiro ano.

 

Un grupo de cativos disfrazados.

 

Durante a celebración, Unai Justo recibiu un diploma como recoñecemento polos seus 10 anos participando na Ludoteca. Recibiuno de man de Rosario Rodríguez, concelleira de Persoal e Diego Lourenzo, Concelleiro de Mocidade, que destacaron “o éxito da Ludoteca e do Campamento Urbano, tanto polos propios cativos e cativas, como pola súa relevancia á hora de permitir a conciliación laboral e familiar dos veciños e veciñas da vila durante os meses das vacacións escolares de verán”.

Obradoiros educativos e lúdicos, animación á lectura e contacontos, piscina, repostería e cociña, recortables, talleres de Nutrición, xogo libre, rutas de sendeirismo ou acampadas nocturnas son algunas das actividades que verán tras verán se organizan para os menores. Ademais, cada ano “búscase innovar” e, durante este ciclo, programáronse iniciativas dedicadas a diferentes temáticas como o día do sombreiro, San Fermín, festa da Batucada, Dia de Galicia, xornadas coa Cruz Vermella, uhna excursión ao aquapark, visitas temáticas ao Museo Claustro Mercedario e un Graffiti da Ludoteca, realizado en colaboración co Festival Extruga Street.

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button