DeportesÚltima hora

Unha festa popular porá o broche ao 50 aniversario do C.D. Rúa

Está prevista para o 7 de decembro e inclúe a presentación oficial das categorías inferiores e un xantar no pavillón

Imaxe do club tomada en novembro de 2018. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Club Deportivo Rúa está a piques de rematar o ano do seu 50 aniversario, e faráo cun broche de ouro para o que contarán coa colaboración do Concello.

O 7 de decembro, en plena ponte da Constitución, a Área Recreativa O Aguillón acollerá unha festa popular coa #MareaAmarela como protagonista. En torno ás 13h. celebrarase a presentación oficial dos sete equipos que compiten este ano por toda a provincia: prebenxamíns, benxamíns, alevíns A e B, infantís, cadetes e sénior. E de seguido, ás 14:30 horas, terá lugar un xantar no Pavillón Municipal Victorino Núñez con posterior baile amenizado pola Disco-Móbil Danzalia e o sorteo dun porco.

Os prezos para asistir ao xantar serán de 10 euros para menores de 13 anos e de 15 para o resto, e as entradas estarán á venda ata o día 4 de decembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button