ConcellosÚltima hora

Unha festa temática dos 80 abre as festas de Viana do Bolo

O programa festivo desenvolverase entre os días 14 e 17 de agosto na vila
A praza Maior de Viana do Bolo nas festas patronais do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.
A praza Maior de Viana do Bolo nas festas patronais do pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

Viana do Bolo revive a súa etapa oitenteira cunha festa temática que se desenvolverá o 13 de agosto a partires das 12 h. na praza Maior e na rúa das Mazairas cunha mostra con postos de roupa e demais artigos que se “venderán mediante o sistema de troco ou a un prezo simbólico, pero do que se trata é de que haxa a menor transacción económica posible” explican dende a organización, que corre por conta dun grupo de veciños de Viana. Xa pola noite, a partires das 23h. a festa continuará cun dj que pinchará música dos 80 para que todo o mundo baile.

Este será o limiar dunha semana de festas patronais en Viana do Bolo que se estenderá do 14 ao 17 de agosto. “Trátase dunha festa vintage, dun revival dos 80 no que a xente irá disfrazada desa década, dalgún grupo musical ou do que queiran pero que sexa oitenteiro”, comentan os organizadores.

Con respecto aos días de festa, non faltarán as orquestras, nin as bandas de música, nin inchables para os nenos (días 13 e 14), nin por suposto as procesións e misas na honra aos patróns de Viana (Asunción día 15 e San Roque día 16) a partires das 12:30h. O domingo 17 de agosto, dentro da programación das festas, inclúese unha nova edición das Xornadas de folclore internacional organizadas pola Deputación de Ourense en colaboración co Teatro Principal, que achegarán ata Viana do Bolo, unha mostra dos bailes e música máis representativos do folclore de Perú, Corea e R. Bashkirya.

Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel de agosto do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button