Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Unha divertida forma de entender a crise dos 50 en “Sénior”

Esta nova produción de Culturactiva, interpretada por Luís Iglesia e Marcos Orsi, estreábase no Auditorio de Ourense na tarde do 3 de marzo

Cando se cruza a liña dos 50 anos algunhas das cuestións problemáticas coas que se topa unha persoa son a saúde, o desemprego ou a necesidade de usar lentes. Sobre o inicio desa etapa vital reflexiona en clave de humor a peza teatral “Sénior”, de Culturactiva, que se estreaba na tarde do 3 de marzo no escenario do Auditorio de Ourense.

A obra está interpretada por Luís Iglesia e Marcos Orsi, cun texto orixinal, e dirixida por Avelino González. A dos 50 é unha idade na que “es demasiado novo para ser vello e demasiado vello para ser novo”, dicía o actor Luís Iglesia durante a rolda de prensa de presentación. “A cuestión é non chorar”, engadía Marcos Orsi, “e falar do ben que se está nesa idade, na que tes experiencia e tes forza”.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button