DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unha forte saraibada obriga a suspender o derbi Arenteiro-CD Barco, no Carballiño

A intensa chuvia tamén producía o corte de varias rúas da localidade e a inundación dalgúns baixos comerciais e de casas

Media hora antes do comezo do derbi entre o Arenteiro e o CD Barco, previsto para ás seis da tarde do 27 de agosto, chegaba unha treboada. Descargaba unha forte saraibada, que cubría de branco o campo de fútbol do Espiñedo, no Carballiño. Malia que nun principio se plantexou suspender o partido, a colexiada decidíu que se xogaría, aínda que comezaba con restraso.

A treboada amainaba, sen embargo, no minuto 72 do encontro, a saraiba volvía caer con forza e obrigaba a suspender o xogo. Nese momento no marcador había un empate a un. Quedan pendentes uns decisivos 18 minutos de partido.

Ademais na vila do Carballiño a treboada deixaba rúas cortadas pola auga, así como inundacións dalgúns baixos comerciais e de casas.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button