En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Unha forte saraibada sacude Valdeorras

Deixa danos nos viñedos, especialmente en Rubiá, pero tamén en vehículos, fiestras e canalóns

A primeira hora da tarde unha forte treboada con saraiba deixábase sentir con intensidade en boa parte da comarca de Valdeorras. En zonas como Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras) a estrada parecía cuberta de nave e había algúns vehículos atrapados.

No caso de Rubiá, as pedras de saraiba case con dimesións de pelotas de golf, danaban seriamente boa parte do viñedo, en especial nas zonas de ladeira máis expostas. Ademais das follas e dos acios caídos, os viticultores e adegueiros temen as consencuencias que isto pode ter na produción, xa que resultaron golpeadas. As mulleres de Rubiá tamén choraban a perda de toda a produción das súas hortas e ademais resultaban afectados coches, fiestras e canalóns.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button