En portadaÚltima horaVídeos

Unha forte tormenta con pedra descarga no Barco

 

A partir das sete e cuarto desta tarde o ceo escurecíase case por completo no Barco e comezaba unha forte tormenta con aparato eléctrico e na que tamén caía pedra. Segundo as primeiras informacións, as chuvias e a pedra causaron problemas de inundación nalgúns puntos da vila, debido a que se atascaban algúns sumidoiros.

Tamén era notable a cantidade de auga acumulada na rúa Eulogio Fernández, situada na parte posterior do Hospital de Valdeorras, mentres que a cantidade de auga acumulada cortaba o acceso ao Barco dende Veigamuíños.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button