ConcellosÚltima hora

Unha foto do barquense Sindo Novoa ilustra o cartel da “Rapa das Bestas 2019” de Sabucedo

A “Rapa das Bestas 2019” de Sabucedo (A Estrada) ten como cartel promocional unha imaxe do fotógrafo barquense Sindo Novoa. Esta celebración, declarada festa de interese turístico internacional, terá lugar do 5 ao 8 de xullo.

Precisamente nesta tradición centraba a súa última exposición Novoa. Levaba por título “Un día na Rapa das Bestas (Do monte ao curro)” e puido verse en diferentes puntos de Galicia, entre eles a súa vila natal, no pasado verán. Nesta vindeira semana esta mostra recalará na Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button