CulturaCulturaÚltima hora

Unha foto do barquense Sindo Novoa, no calendario do proxecto “Ceos Galegos”

 

Entre as imaxes que forman parte do calendario do 2020 do proxecto “Ceos Galegos” figura unha moi especial do fotógrafo barquense Sindo Novoa. Nela logra capturar o mítico raio verde, un fenómeno singular, e ademais no solpor xunto á emblemática Torre de Hércules (A Coruña). A imaxe ilustra o mes de maio.

Este poxecto trata de divulgar astronomía en galego a través dun calendario de gran formato editado con imaxes feitas en Galicia. Ao longo das súas 14 páxinas percorre paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo fondo. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.

 

 

“Xa tiña colaborado con Ceos Galegos outras veces con algunha foto para uns textos, pero vai unhas semanas avisaron quen ían ser os fotógrafos que formarían parte do calendario 2020 e desta vez elixiron unha das miñas fotos. Tanto nesta edición como en edicións anteriores conta con fotos preciosas do nosos ceos galegos feitas por fotógrafos recoñecidos. Esta xa é a terceira edición”, explica Sindo Novoa.

Nesta galería de fotos poden verse imaxes da presentación do calendario na librería Sánchez Ochoa de A Coruña.

Fotos cedidas por Sindo Novoa.

 

Artigos relacionados

Back to top button