CulturaCulturaÚltima hora

Unha foto do valdeorrés Manuel Juan Otero lévase o 3º premio do III concurso de fotografía dixital Ponte Vella

Álvaro Rodríguez "Purre" levou un accésit pola fotografía 'O sangue altera'

As tres fotografías gañadoras.

 

Por terceiro ano a Fundación Cum Laude convocou, xunto ao Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, o concurso de primavera de fotografía dixital Ponte Vella.

Baixo o lema ‘Cores de Ourense’, foron moitas as instantáneas que participaron nesta edición, entre elas varias de fotógrafos valdeorreses, sendo un deles, Manuel Juan Otero quen levaba o terceiro premio pola fotografía ‘Primavera, los primeros brotes’.

 

3º premio, ‘Primavera, los primeros brotes’ de Manuel Juan Otero.

 

O primeiro premio foi para José Vázquez por ‘La llegada’ e o segundo para Modesto Martínez por ‘Amo las amapolas’. Outro valdeorrés, Álvaro Rodríguez “Purre” levaba un accésit por ‘O sangue altera’. Ademais, Arsenio Blanco e Edesio Fernández, do Barco, foron seleccionado por ‘Perlas de la naturaleza’ e ‘Coleóptero en flor de valeriana’, respectivamente.

As fotografías gañadoras e tamén as seleccionadas ata un total de 25, permanecen expostas na zona de exposición permanente do Centro Comercial Ponte Vella.

 

Accésit, ‘O sangue altera’ de Álvaro Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button