ConcellosÚltima hora

Unha fuga de gas na praza de Viloira (O Barco) mobiliza aos servizos de emerxencias

 

A rotura dunha válvula do gas na praza de Viloira (O Barco) vén de mobilizar a última hora desta tarde de 27 de outubro ao GES Valdeorras, á Policia Local, aos bombeiros de Valdeorras e á Garda Civil, e obrigaba a cerrar ao público esta zona.

Segundo as primeiras informacións, este incidente, que causou unha fuga de gas, pode deberse a un acto de vandalismo. O dispositivo de emerxencia finalizaba pasadas as nove e media da noite.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button