CulturaCulturaÚltima hora

Unha fusión de teatro, circo e música para encetar o Nadal no Barco

A compañía leonesa La Pequeña Victoria Cen presenta o seu espectáculo “Gigante” o 21 de decembro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo
Unha das escenas de “Gigante”.

Está feito de sutilezas, de momentos sorprendentes, que vai na procura de grandeza do pequeno e cotiá e do lado sensible do xigante. Así presenta a compañía leonesa La Pequeña Victoria Cen o seu segundo espectáculo “Gigante”. Trátase dunha fermosa proposta escénica que fusiona teatro, circo, música e poesía. Poderá verse este venres 21 de decembro ás 21h. no Teatro Lauro do Barco nunha función patrocinada polo INAEM.

“Gigante” pon en escena, a longo duns 50 minutos, a tres personaxes (interpretados por Pablo Parra, Elena Cennerelli e Víctor Martínez) xunto a unha serie de obxectos cotiáns  “que cobran unha nova dimensión e combínanse intimamente coas acrobacias, a poesía, os malabares, a danza e a música”, segundo a compañía.

La Pequeña Victoria Cen nace en León e está formada por tres artistas procedentes de diversas experiencias formativas e escénicas por todo o mundo, e unidos pola paixón polo circo e as artes do corpo. As súas propostas teñen como nexo en común o circo, combinando técnicas de malabares, clown e acrobacia con personaxes teatrais, danza, música e humor, dando como resultado diferentes espectáculos para todos os públicos. O grupo impulsou La Pequeña Nave, espazo de creación e formación artística, e escola de circo na cidade de León.

Esta será a súa primeira actuación no Barco e está incluída dentro da programación de Nadal da Concellería de Cultura.

Artigos relacionados

Back to top button