ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha intensa e divertida travesía polo mundo dos contos con Cristina Verbena, no Barco

 

Contos tradicionais e outros que non o son tanto. Dende historias con sabor aragonés a outras de terras lonxanas como China e relatos que discorren polas rúas de Lisboa da man de John Berger ou que remiten á mitoloxía grega. Cristina Verbena embarcaba ao público do “De Perto” nunha intensa, variada e divertida travesía polo mundo dos contos, entrelazada de cantos e poesía de autores como Gloria Fuertes ou Jorge Guillén.

 

 

Esta narradora oral aragonesa presentaba o seu espectáculo “Inevitable” na tarde deste 7 de xullo no Xardín da Casa Grande Viloira. Unha proposta chea de personaxes singulares como o Tiresias (do texto de Kate Tempest), a muller cuxo fillo foi devorado por tigre, o home que topou cunha cabra no monte que resultou ser unha bruxa, o dunha ogresa ou a do mosquito-polo que se converteu en rei tras empeñarse en enfrontarse reitera e denodadamente a un rival que non podía vencer endexamais.

Todo un repertorio de voces e historias marcadas por un destino “inevitable”, contadas con acertados toques de humor e que atrapaban ao público do ciclo “De Perto”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button