ConcellosÚltima hora

Unha máquina de ozono desinfectará cada xoves na Rúa os vehículos oficiais de Valdeorras

Comezarase o vindeiro 23 de abril e continuarase mentres dure a emerxencia sanitaria

 

O vindeiro xoves 23 de abril levaranse a cabo na Rúa labores de desinfección de vehículos oficiais da comarca de Valdeorras. “Dita desinfección é organizada polo Servicio Provincial de Emerxencias e para efectuala utilizarase unha máquina de ozono cedida pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense”, tal e como informa o Concello da Rúa, que solicitaba esta actuación.

Esta desinfección continuará realizándose cada xoves na Rúa ata que finalice a emerxencia sanitaria do Covid-19. “Puxémolo en coñecemento de tódolos Concellos da comarca para que aqueles que estén interesados en realizala contacten con nós e poidamos organizar dita actuación”, aseguran dende o grupo de goberno rues.

Artigos relacionados

Back to top button