Publicidade
DeportesGalerías de fotosMontañismoÚltima hora

Unha marcha para reivindicar e promocionar Trevinca, o teito galego

Unha vintena de persoas participaba o 13 de xuño no "Día da Montaña Galega"

 

Cun percorrido con saída de Vilanova (A Veiga) para coroar Trevinca e que finalizaba en Ponte vén de conmemorarse no teito de Galicia o XVIII Aniversario de “Unha aperta a Trevinca”  e o Día da Montaña Galega. Esta iniciativa, promovida polo Club Montañas de Trevinca, tiña lugar na xornada do 13 de xuño. A marcha, con 20 participantes e 3 membros da organización, partía ás 9h. de Vilanova para logo continuar polo Pico Maluro, Lombo do Roncín, Valigota ata chegar arredor das 13h. a Trevinca (2.127 m).

Despois iniciábase o percorrido de volta seguindo pola Lagoa da Serpe, Fiel e, finalmente, Ponte, onde se procedía á clausura da actividade. Durante o traxecto os participantes topábanse, en pleno mes de xuño, coa neve e tamén nalgúns puntos cunha intensa néboa.

Esta iniciativa do Club Montañas de Trevinca aposta “poñer en valor un excepcional territorio de montaña, con indubidables razóns, tanto botánicas como faunística ou xeolóxicas, pero sobre todo, conseguir o respecto e a protección real que merecen todas as nosas montañas galegas”.

Durante a realización desta actividade deportiva e cultural cumpríase con todas as normas de seguridade sanitarias indicadas polo Ministerio de Sanidade con relación ao Covid-19 para as actividades deportivas.

Fotos cedidas polos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close