CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Unha mostra afonda na obra e na vida de Taboada Chivite en Verín

Estará instalada ata o 27 de novembro na Biblioteca Municipal desta vila ourensá

A súa traxectoria vital, pero tamén a súa faciana como docente, investigador, especialmente volcado no patrimonio local, ou escritor. A Biblioteca Municipal de Verín achega a obra e a vida de Xesús Taboada Chivite (Verín, 1907-1976) nunha mostra que se inauguraba na tarde do 21 de novembro e que poderá visitarse nestas instalacións culturais ata o día 27 deste mesmo mes.

A exposición inclúe paneis explicativos sobre Chivite, ademais de diverso material persoal como fotografías, obxectos e correspondencia. Con esta exposición ábrese unha semana adicada a este estudoso coincidindo co 40 aniversario do seu falecemento. O programa inclúe asemade un ciclo de conferencias para afondar na súa figura.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín, agás a última que é do Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button