SanidadeÚltima hora

Unha mostra para dar visibilidade á ostomía, no Hospital Universitario de Ourense

Na provincia os arredor de 200 pacientes anuais aos que lle practican unha osteomía están sempre apoiados pola unidade de estomaterapia que os guían, forman e acompañan no proceso

 

Dende este xoves a Ágora do Edificio de Hospitalización do Hospital Universitario de Ourense acolle a exposición fotográfica “Heroes e Heroínas”, que está a percorrer os hospitais do país co obxectivo render homenaxe a todas as persoas que viven ou viviron cunha ostomía e ás súas referentes, as enfermeiras estomaterapeutas, recollendo o seu día a día, na procura de dar visibilidade e axudar a normalizar unha realidade moitas veces oculta.

O acto inaugural, celebrado esta mañá, contaba coa asistencia dos equipos de referencia nestes coidados, pacientes portadores dun estoma e as asociacións máis directamente implicadas como a Asociación Española contra o Cancro de Ourense e a Asociación de enfermos/as de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense (ACCU Ourense).

Esta iniciativa, promovida polo grupo Hollister, englóbase no proxecto GESTO (Grupos de Estomaterapeutas) que son as enfermeiras especialistas en formar, acompañar e coidar aos pacientes antes e despois de someterse a unha ostomía, en moitos casos será provisional, pero que sempre precisa de un periodo de adaptación.

En Ourense a referente en estomaterapia é María Riveiro, a cara máis visible para os pacientes e as súas familias e, ela mesma, tamén protagonista da exposición. “Ter unha ostomía non é fácil, é un pau. Cando informamos ao paciente que vai ser portador dun estoma é un momento duro, moi duro” e non remata cando se pechan as feridas da intervención, sinala María, require un tempo polo que pasan arredor de 70.000 persoas en toda España, que pouco a pouco recuperan a súa vida.

200 persoas en Ourense cada ano

Na actualidade 14.000 pacientes requiren este procedemento ao ano, 5.000 en Galicia e 200 en Ourense, persoas que terán que pasar un camiño por etapas, ata asumir un cambio nas súas vidas, moitas delas de xeito provisional, e outras para toda a vida.

Un cambio que implica, aceptación e futuro. Un futuro que se reflicte en campañas como a “A bolsa ou a vida” xa que, en moitos casos, a intervención está motivada nunha enfermidade grave que compromete a vida dos pacientes, como no caso de determinadas patoloxías oncolóxicas ou Enfermidades Inflamatorias Intestinais.

Artigos relacionados

Back to top button