ConcellosÚltima hora

Unha mostra reúne en Viana a obra pictórica realizada por Piquico no confinamento

Esta exposición abrirase ao público na tarde do 13 de agosto no Pub Ghotam

Os cadros de Piquico expostos no Pub Gotham de Viana do Bolo.

 

Retratos realistas e impresionistas dalgunhas persoas de Viana, paisaxes da vila cheas de forza e intensidade, castiñeiros ou a figura de referencia do seu Entroido tradicional: o colorista Boteiro de sorriso retranqueiro e brancos dentes.

Son os temas que levaba ao lenzo o artista Piquico durante o confinamento. Agora quere compartir esa obra pictórica co público nunha mostra que poderá visitarse a partir do xoves 13 de agosto no Pub Gotham de Viana do Bolo. O acto inaugural está previsto para as seis da tarde.

 

 

A súa creación durante a corentena plásmase en 7 cadros (de diferentes formatos e tamaños) que se complementan con outros catro que xa estaban expostos neste mesmo establecemento e con outra serie de cadros de pequeno formato. Esta mostra, que permanecerá un par de meses instalada, poderá verse os venres e sábados nun horario que vai dende as 6 da tarte ata o peche do local (coincidindo co horario de apertura do pub durante o verán).

 

 

Ademais os venres e sábados realizarase un sorteo dunha das obras expostas cos tíckets das consumicións do local.

Fotos cedidas por Piquico.

Vídeo cedido.

 

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button